Home
O Centro
Benvida

Benvida

Como director do Conservatorio Profesional de Música da Coruña quero darlles a máis calurosa benvida a todos aqueles que visiten este espacio virtual e ó mesmo tempo ofrecerlles un instrumento de información para toda a comunidade escolar.

Todos sabemos da gran tradición musical da cidade da Coruña e das súas magníficas agrupacións e institucións. Entre elas, o Conservatorio Profesional é, sen ningunha dúbida, unha peza fundamental para a formación musical dos nosos alumnos para que o día de mañán poidan ocupar postos de responsabilidade nas mesmas e sexan portadores da cultura musical da nosa cidade.

O noso conservatorio é un centro dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia con moitos anos de tradición, que imparte os graos Elemental e Profesional, e conta na actualidade aproximadamente cuns 700 alumnos.

A nosa función é formar ós futuros profesionais e conseguir que a educación musical se achegue a toda a cidadanía.

Quérovos así invitar a visitar esta páxina web e agradecer a confianza que depositades en nós para a educación dos vosos fillos. De seguro que non vos imos defraudar.

fotojesus

Jesús López Prado