Coro

cabeceira_coro

Director

Antonio Facal Rivas

O Coro de Grao Profesional do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña está formado por alumnado de 1º a 6º curso deste grao das especialidades de Canto, Guitarra, Piano e Acordeón fundamentalmente, e conta cunha crecente traxectoria dende a súa formación, na súa participación en concertos – solidarios a favor de diversas ONG’S e organizacións como Terra de Homes, Banco de Alimentos “Rías Altas”, Down Coruña – xunto as Agrupacións Sinfónicas, Coro Infantil do centro e Ensembles Instrumentais, dentro e fora do mesmo, como no Pazo da Ópera, Teatro Rosalía de Castro, Teatro Colón, Igrexa de María Auxiliadora (Os Salesianos) desta cidade, coa dirección e docencia ao longo destes cursos de Fernando López Briones, Carolina Pérez, Carmen Ruiz e Diana Somkhieva, e Juan Pérez Berná.

Parte integrante do labor educativo deste Coro é o traballo en valores tranversais que se ven desenvolvendo a través de actividades específicas como a interpretación do Requiem op. 48 ( Selección ) de Gabriel Fauré con texto elaborado polo alumnado de 1º de Bachararelato do Aula de Latín do I.E.S. “ Miraflores ” de Oleiros, no concerto do 26 de abril na Igrexa de María Auxiliadora de A Coruña, xunto a outras pezas do repertorio coral.

Últimos concertos realizados

19 de decembro, 2018 – Auditorio
VI Semana Solidaria

5 de maio, 2018 – Pazo da Ópera
Actos polo 75 aniversario da fundación do Conservatorio da Coruña

19 de decembro, 2017 – Auditorio
V Semana Solidaria a favor do Banco de Alimentos Rías Altas e Cáritas

3 e 4 de maio, 2017 – Auditorio
Conmemoración das Letras Galegas: O Noso Son

26 de marzo, 2017 – Pazo da Ópera
Concerto Solidario a favor de Terra de Homes

21 de decembro, 2016 – Auditorio
Participación na IV Semana Solidaria (Coro Infantil)

20 de decembro, 2016 – Auditorio
Participación na IV Semana Solidaria

18 de novembro, 2016 – Auditorio de Galicia (Santiago)
Tres Estampas Galegas

3 de xuño, 2016 – Cangas do Morrazo
No bico un cantar (Coro Infantil)

26 de abril, 2016
Concerto na Igrexa de María Auxiliadora

17 de marzo, 2016 – Pazo da Opera
Concerto Solidario a favor de Down Coruña

17 de decembro, 2015 – Auditorio
Coro Infantil. Semana Solidaria a favor do Banco de Alimentos Rías Altas

30 de maio, 2015 – Auditorio
Estrea de A Torre dos sons, un conto sobre o autismo (Coro de Nenos)

6 de maio, 2015 – Teatro Colón
Participación no IV Festival Arte pola Igualdade

18 de decembro, 2014 – Auditorio
Participación na Semana solidaria a favor do Banco de Alimentos Rías Altas

19 de decembro, 2013 – Auditorio
Participación na Semana Solidaria por Filipinas (Coro Infantil)

20 de marzo, 2013 – Pazo da Ópera
Participación no concerto solidario a favor de Terra de Homes

8 de marzo, 2013 – Auditorio do CMUS
Actuación dentro da I Semana Musical