Home
Agrupacións
Grupo de Percusión Attacca

Grupo de Percusión Attacca

cabaceira-attacca

O Grupo de Percusión Attacca foi creado no Conservatorio Profesional de Música da Coruña co fin de satisfacer a necesidade musical dos alumnos de tocar en grupo. Está composto polos alumnos de grao profesional e elemental do centro polo que os seus integrantes varían anualmente.

Comeza a súa andaina no ano 2001 baixo a dirección do seu profesor Miguel Castro e non cesou un só ano a súa actividade realizando concertos didácticos por toda a comunidade galega así como por diferentes cidades da nosa xeografía española. Participou no concerto solidario no Pazo da Ópera a beneficio da ONG “Tierra de Hombres” na semana solidaria por Filipinas a favor de UNICEF e tamén na semana solidaria a favor do banco de alimentos “Rías Altas” 2014.

Director

Miguel Castro Pérez

Últimos concertos realizados

17 de decembro, 2018 – Auditorio
VI Semana Solidaria

28 de maio, 2018 – Auditorio
VI Quincena Musical

27 de abril, 2018 – Auditorio
V Festival de Percusión

18 de decembro, 2017 – Auditorio
V Semana Solidaria a favor do Banco de Alimentos Rías Altas e Cáritas

6 de xuño, 2017 – Auditorio
Participación na V Quincena Musical

28 de abril, 2017 – Auditorio
Festival de Percusión

19 de decembro, 2016 – Auditorio
Participación na Semana Solidaria a favor do Banco de Alimentos Rías Altas

6 de xuño, 2016 – Auditorio
Quincena Musical Maio-Xuño 2016

17 de marzo, 2016 – Pazo da Opera
Concerto Solidario a favor de Down Coruña

30 de novembro, 2015 – Auditorio
Semana Solidaria a favor do Banco de Alimentos Rías Altas

1 de xuño, 2015 – Auditorio
Quincena Musical de Xuño-2015

17 de abril, 2015 – Auditorio
Participación no Festival de Grupos de Percusión

16 de decembro, 2014 – Auditorio
Participación na Semana solidaria a favor do Banco de Alimentos Rías Altas

10 de xuño, 2014 – Auditorio
Quincena Musical de Xuño

25 de abril, 2014 – Auditorio
I Festival de Percusión

16 de decembro, 2013 – Auditorio
Participación na Semana Solidaria por Filipinas

20 de marzo, 2013 – Pazo da Ópera
Participación no concerto solidario a favor de Terra de Homes

4 de marzo, 2013 – Auditorio do CMUS
Actuación dentro da I Semana Musical

10 de decembro, 2012 – Auditorio
Participación na Semana das Agrupacións