Home
Agrupacións
Orquestra Sinfónica

Orquestra Sinfónica

cabeceira_os

A Orquestra sinfónica do CMUS da Coruña está integrada por uns 60 músicos, todos eles estudiantes dos últimos cursos de Grao Profesional das diferentes especialidades que se dan cita no plantel orquestral.

No curso 2007 – 2008 realiza un concerto extraordinario de Nadal no que congrega a máis de 280 alumnos do centro para formar parte dun coro infantil e interpretar unhas panxoliñas. Asimesmo, é convidada a facer un intercambio co Conservatorio Profesional de Música “Pablo Sarasate” de Pamplona.

A Orquestra é un proxecto educativo que serve para que os alumnos teñan unha apropiada actividade orquestral que lles permita completar a súa formación. Ademais, acompaña aos gañadores do Concurso de Solistas que organiza o conservatorio dende hai 4 anos, polo que aparte da música sinfónica hai un gran interés pola formación solística. Ten participado nos concertos solidarios no Teatro Colón a beneficio da ONG Intermón Oxfam, no Pazo da Ópera a beneficio da ONG “Tierra de Hombres”, na semana solidaria por Filipinas a favor de UNICEF e tamén na semana solidaria a favor do banco de alimentos “Rías Altas” 2014. O percorrido estilístico das obras interpretadas abrangue desde o Barroco ata o século XXI.

Director

Jorge Montes Martínez

Últimos concertos realizados

20 de decembro, 2018 – Auditorio
VI Semana Solidaria

4 de xuño, 2018 – Auditorio
VI Quincena Musical Maio-Xuño 2018

5 de maio, 2018 – Pazo da Ópera
Actos polo 75 aniversario da fundación do Conservatorio da Coruña

22 de marzo, 2018 – Auditorio
Semana Musical Marzo 2018

21 de decembro, 2017 – Auditorio
V Semana Solidaria a favor do Banco de Alimentos Rías Altas e Cáritas

1 de xuño, 2017 – Auditorio
V Quincena Musical Maio-Xuño 2017. Concerto de solistas

4 de maio, 2017 – Teatro Colón
Participación no festival Arte pola Igualdade

26 de marzo, 2017 – Pazo da Ópera
Concerto solidario a favor de Terra de Homes

19 de decembro, 2016 – Auditorio
Participación na Semana Solidaria a favor do Banco de Alimentos Rías Altas

31 de maio, 2016 – Auditorio
Quincena Musical Maio-Xuño 2016. Concerto de solistas

17 de marzo, 2016 – Pazo da Opera
Concerto Solidario a favor de Down Coruña

17 de decembro, 2015 – Auditorio
Semana Solidaria a favor do Banco de Alimentos Rías Altas

4 de xuño, 2015 – Auditorio
Actuación dentro da Quincena Musical de Xuño. Concerto de solistas

30 de maio, 2015 – Auditorio
Estrea de A Torre dos Sons, un conto sobre o autismo

18 de decembro, 2014 – Auditorio
Participación na Semana solidaria a favor do Banco de Alimentos Rías Altas

2 de xuño, 2014 – Auditorio
Actuación dentro da Quincena Musical de Xuño. Concerto de solistas

19 de decembro, 2013 – Auditorio
Participación na Semana Solidaria por Filipinas

6 de xuño, 2013 – Auditorio do CMUS
Actuación dentro da Quincena Musical de Xuño. Concerto de solistas

23 de maio, 2013 – Teatro Colón
II Festival Arte pola Igualdade

20 de marzo, 2013 – Pazo da Ópera
Participación no concerto solidario a favor de Terra de Homes

8 de marzo, 2013 – Auditorio do CMUS
Actuación dentro da I Semana Musical

20 de decembro, 2012 – Igrexa de San Nicolás
Participación na Semana das Agrupacións